Instalación de imaxe DebianSCQ¶
1. Descarga de imaxe ISO¶
O ficheiro .ISO santiago_othar_64_stretch.iso proporcionado polo provedor pode descargase desde a seguinte URL:
https://drive.google.com/open?id=0BxXm1JEWaocgc3NHbGxPNThSZzg
2. Arranque de equipo con USB arrancable¶
Para poder crear un USB arrancable, executamos o seguinte comando:
dd if=/ruta/santiago_othar_64_stretch.iso of=/dev/sdX ; sync
NOTA: Detectouse que nos equipos de sobremesa empregados é necesario activar a interface de rede na BIOS.
3. Execución de ferramenta de clonado¶
Unha vez que iniciamos un equipo desde este USB aparece unha sesión de bash, na que executamos os seguintes comandos:
export efi=yes
export parting=yes
othar -f
A opción export parting=yes só será necesaria cando o disco do equipo non teña táboa de particións. Se xa tivo unha instalación, vaise conservar o directorio /home e /puppet. Deste xeito, vaise manter o certificado que está aprobado no servidor.
Se nos pide un hostname, escribimos o nome que aparece na etiqueta do equipo.
Este proceso executa a ferramenta partclone, e fai un copiado rápido de ficheiros. Unha vez finalizado, reiniciase o equipo.
4. Configuración de parámetros iniciais¶
4.1 Rede local¶
Chegados a este punto, debemos comprobar se temos configurada a rede:
ip a
En caso de non ter configurado enderezo IP na interface de rede (p.ex enp2s0f2), debemos executar o seguinte comando:
dhclient enp2s0f2
E, para que sexa permanente engadimos a seguinte liña no ficheiro /etc/network/interfaces:
[...]
auto enp2s0f2
iface enp2s0f2 inet dhcp
4.2 Hostname¶
No ficheiro /etc/hosts temos que modificar a entrada para que o nome do equipo apareza co seguinte formato:
scqxxxxpc.concello.santiagodecompostela.org
5. Execución de puppet¶
Agora, xa podemos usar o seguinte comando:
puppet agent -t
Se aparece unha mensaxe de erro do tipo 500 error - non response, executamos a orde anterior coa opción seguinte:
puppet agent -t --no-stringify_facts
NOTA: Hai que solicitar permiso ao provedor para que se poida acceder e descargar os ficheiros necesarios de Puppet.
Este proceso pode levar máis dunha hora, e aparecerán multitude de mensaxes por pantalla. Fixarse se sae algún de cor vermella. Os normais serán brancos ou verdes.
6. Resolución de erros¶
Se con este último paso non é suficiente para reiniciar a restauración, executaremos o seguinte comando:
apt-get update && apt-get install -y smartmontools puppet && killall sleep