Conexión remota¶
1 Configuración XRDP¶
Para poder realizar conexións remotas aos equipos con Debian, é necesario realizar as seguintes instalacións:
apt install -y xrdp tigervnc-standalone-server tigervnc-common
e a continuación, modificamos o ficheiro /etc/xrdp/xrdp.ini co seguinte contido:
[...]
[Xnvc]
name=Xvnc
[...]
[Xorg]
name=Xorg
[...]
O único que hai que facer respecto do ficheiro orixinal, é mover a entrada relativa a Xorg ao segundo lugar, deixando no primeiro a relativa a Xvnc.
Con esta configuración no equipo local é posible iniciar unha nova sesión gráfica cun usuario diferente ao que poida estar conectado localmente.
2 Configuración VNC¶
Para poder iniciar un servidor VNC hai que iniciar sesión e executar unha entrada no menú de aplicativos. Vaise facer uso de x11vnc, para que se poidan abrir conexións remotas a través dun visor VNC desde calquera sistema operativo. Unha vez lanzado este proceso, quedará dispoñible ata que se peche a sesión por parte do usuario conectado localmente.
Ficheiro /usr/local/bin/vncserver.sh que abre x11vnc en modo background para aceptar conexións remotas:
#!/bin/bash
x11vnc --auth /run/user/$(id -u)/gdm/Xauthority --forever --bg -o /home/$USER/.x11vnc.log --display :1
NOTA: Hai que comprobar que unha vez copiado o ficheiro vncserver.sh teña activado o permiso de execución.
Ficheiro /usr/share/applications/gnome-x11vnc.desktop que engade unha entrada no menú de aplicativos:
[Desktop Entry]
Name=VNCServer
Comment=Conexión remota
Keywords=vnc,remote
Exec=/usr/local/bin/vncserver.sh
Icon=computer
Terminal=false
Type=Application
StartupNotify=false
Categories=GNOME;GTK;Network;RemoteAccess
Para poder establecer unha conexión a través de VNC é necesario que o usuario execute este proceso.
Se queremos comprobar que o servidor VNC está en execución, podemos facelo a través do seguinte comando:
netstat -tulpen
e comprobamos que existan procesos asociados ao porto 5900 ou seguintes.
Se temos que volver a executar o servizo, ou se activamos unha nova interface de rede, debemos pechar os procesos anteriores:
killall x11vnc