Configuración de correo electrónico¶
Instrucións para configurar unha conta de correo electrónico en Mozilla Thunderbird.
1. Datos globais¶
- Servidor Correo: scq1e2
- IMAP port: 143
- Seguridade da conexión: Ningunha
- Método de autenticación: NTLM
- Nome de usuario: username
- SMTP port: 25
- Seguridade da conexión: Ningunha
- Método de autenticación: ontrasinal, transmitido de forma insegura
- Nome de usuario: username
2. Crear nova conta de correo electrónico¶
Iniciamos o proceso de Configuración de conta de correo a través dalgunha das opcións dispoñibles (menú, asistente, ...).
Unha vez cubertos os datos relativos á conta do usuario, accedemos á configuración manual.
Unha vez introducido o nome do servidor scq1e2 facemos clic en Volver a probar para que detecte a configuración. Só hai que modificar o campo Autenticación de SMTP para que se configure co valor Contrasinal normal.
Vai aparecer unha alerta de seguridade que debemos aceptar facendo clic na caixa de verificación Entendo os riscos.